Xa temos asignación das Accións Formativas para o Emprego neste ano 2024 no CIFP Someso.
Tede en conta que superar módulos destes cursos poden dar lugar a convalidacións de módulos dos ciclos formativos de educación. Se non puiches entrar nun ciclo que che gustase neste curso, esta podería ser unha oportunidade para aprobar módulos do teu interese. Os cursos que ofertamos son de nivel 2 , como os niveis dos ciclos medios. Ademais estes cursos dan dereito a certificados de profesionalidade.
As persoas interesadas deben dirixirse a súa oficina de emprego departamento de formación e amosar interese por eles indicando o nome o curso e polo centro CIFP SOMESO.