Curso escolar 2024/25
Ábrese o prazo de inscrición para o curso de Carreteiro para alumnado do CIFP Someso.
É preciso estar matriculado nos 2º cursos de ciclos, ou en ciclos de dual actualmente.
En ningún caso a asistencia a este curso valerá como xustificación para non asistir á clase.
O curso constará dunha parte teórica que se realizará na aula virtual e unha parte práctica.
- INSCRICIÓN (data límite o 21/03/2025)
- Debes premer no botón que aparece baixo e cumplimentar o formulario que aparece.
- Os datos que facilites empregaranse para facer o Diploma do curso. Pon moita atención ás instrucción cando escribas o NIF e o teu nome (nome completo tal e como consta no teu NIF ou NIE; atención a maiúsculas, acentos e segundos nomes).
- PAGO
- O prezo do curso son 30€
- Debes facer un ingreso na conta ES 79 0049 6756 0625 1614 1271
- No concepto debe poñer: “Carreteiro” + “Nome do alumno/a”.
- Garda ou fai unha captura do resgardo para adxuntalo na Aula Virtual antes da sesión práctica.
- AULA VIRTUAL
- Uns días despois de inscribirte aparecerás matriculado na Aula Virtual no “Curso Carreteiro”.
- Aquí deberás subir o resgardo da transferencia de pago e despois diso asignarásechete unha quenda para realizar a parte práctica.
- Tamén accederás aos contidos teóricos e terás que superar un test.
- DIPLOMA
- Emitirase tras superar a parte teórica e a práctica.
INCRICIÓN FÓRA DE PRAZO

