O pasado 18 e 25 de febreiro, os alumnos de Ciclo Básico, Medio e Superior da familiar profesional de Madeira, moble e cortiza tiveron a oportunidade de acudir á empresa Xilonor, no Polígono industrial de Coirós e ao innovador edificio Impulso Verde, en Lugo.
A visita a Xilonor permitiu aos estudantes coñecer de primeira man os procesos de produción de CLT e as últimas tecnoloxías aplicadas na industria madeireira. Pola súa banda, a visita ao edificio Impulso Verde, un referente en construción sostible, ofreceulles unha visión práctica da aplicación do CLT e das novas tendencias en edificación e o uso eficiente dos recursos.