Éxito Rotundo da Zarzuela Luisa Fernanda grazas a unha magnífica colaboración educativa.
A recente representación da Zarzuela non só gustou ó público, senón que tamén puxo de manifesto a excelente coordinación entre os centros educativos participantes. O traballo en equipo e o talento do alumnado foron fundamentais para o exito do espectáculo.
A contribución do noso centro, centrada na maquillaxe e a perruquería, demostrou o alto nivel de profesionalidade e creatividade do noso alumnado, que conseguiu transformar os artistas en personaxes cheos de expresión.
Inmenso agradecemento as profesoras e as alumnas participantes.

