O noso centro volve ser noticia grazas ao excelente traballo do Departamento de Imaxe Persoal. RTVE visitou as nosas instalacións para realizar unha reportaxe na que o alumnado e o profesorado do departamento tiveron a oportunidade de mostrar o seu talento, a súa creatividade e a profesionalidade coa que afrontan cada proxecto formativo.
Na reportaxe pódese ver de primeira man o día a día nas aulas e talleres, así como o esforzo que o equipo docente realiza para ofrecer unha formación actualizada e vinculada ás necesidades reais do sector. O alumnado, protagonista indiscutible, compartiu a súa experiencia e amosou parte das prácticas que desenvolven ao longo do curso.
Esta aparición en RTVE supón un recoñecemento ao labor educativo do departamento e á calidade da formación que se imparte no noso centro. Para nós é un orgullo ver como o traballo conxunto, a implicación e a paixón pola imaxe persoal teñen eco máis alá das aulas.
Parabéns a todas e todos os que participastes nesta experiencia!

