Estamos recibindo consultas de familias e alumnado que non poden ver ben a información en AbalarMóbil. Para evitar incidencias, revisade:
-
Datos en XADE correctos: sen teléfonos nin DNI/NIE duplicados. Un teléfono non pode estar asociado a dúas persoas, nin unha mesma persoa pode aparecer con identificación distinta en dous centros.
-
App actualizada: comproba se tes instalada a última versión. Se falla, elimina e instala de novo.
-
Maiorías de idade, responsables e permisos: comproba que estén ben configurados.
-
Contrasinais operativos e actualizados.
Se continúa o problema:
👉 https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil/consultas


