O centro xa conta cun apartado propio na web dedicado á Aula de Realidade Virtual.

Neste espazo recóllese información sobre:

  • O equipamento da aula.

  • O uso da realidade virtual no proceso de aprendizaxe.

  • As recomendacións e normas de uso.

A Aula de Realidade Virtual permite:

  •  Mellorar a formación práctica. 🎓

  • Aprender 🧠 en contornos seguros.

  • Aplicar novas metodoloxías educativas. 🚀

Este novo apartado facilitará o acceso á información a toda a comunidade educativa. Convidámosvos a visitar a sección 👀 e coñecer de primeira man este recurso innovador do centro.

Lembrade que o responsable da aula é Alberto Carro (alberto.carro.erias@edu.xunta.gal) . Contactade con el se precisades información, axuda ou queredes facer propostas.