8M Día Internacional das Mulleres 2026
No CIFP Someso celebramos o 8M, Día Internacional das Mulleres.
Coa axuda do alumnado de FP Básica de Fabricación e montaxe realizamos un mural para o 8M, que estará exposto no ástrago do instituto. Especial agradecemento a Daniel Sánchez e Brais Suárez pola súa colaboración na realización do mural do 8M 2026.
Podedes deixar no mural, nos postits de cores, a vosa proposta, opinión, reflexión, frase,……
O eslogan para o 8M do 2026 é:
“O talento non ten xénero, as oportunidades si”
Dende a Biblioteca queremos darlle protagonismo ás mulleres escritoras nesta semana de celebración do 8M, día das Mulleres.


