O alumnado de FP Básica participou nunha xornada deportiva chea de actividade e convivencia.
Durante a mañá realizáronse diferentes propostas de actividade física, nas que o alumnado se implicou activamente e gozou dunha experiencia diferente fóra da aula.
Estas xornadas permiten fomentar hábitos saudables, o traballo en equipo e a convivencia entre compañeiros e compañeiras 🤾🏽♀️
Queremos tamén agradecer ao profesorado titor a súa colaboración e implicación na organización da actividade.





