O día 17 de marzo a nosa compañeira Fernanda Cabaleiro, profesora do departamento de madeira e moble, impartiu un Taller de ilustración e debuxo ao alumnado de FP Básica no CIFP Someso.
Nesta sesión, Nanda presentounos o seu libro “Sete herbas máxicas” e fixo unha dedicatoria especial para a nosa Biblioteca.
Un agradecemento moi especial a Nanda polo súa xenerosidade por compartir o seu tempo co alumnado e polo súas fermosas ilustracións.
Podedes encontrar o seu libro, “Sete herbas máxicas”, no espazo que neste mes dedicamos ás mulleres na Biblioteca do CIFP Someso.
Recordade: “Ler a mulleres pode causar liberdade de pensamento”





