Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación correspondentes ao curso 2026-2027.

O período de solicitude abrangue do 7 de abril ao 18 de maio, polo que é importante que o alumnado interesado presente a súa solicitude dentro deste prazo.

Estas axudas están dirixidas a estudantes de Bacharelato, Formación Profesional (FP) e Universidade, co obxectivo de facilitar o acceso e a continuidade nos estudos.

Dende o centro animamos a todo o alumnado que cumpra os requisitos a informarse e realizar a solicitude canto antes, evitando deixalo para os últimos días.

Para máis información e para tramitar a solicitude, pódese acceder á páxina oficial:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

Lembrade: solicitar a bolsa en prazo é fundamental para poder optar a estas axudas.