O día 7 de maio tivemos a sorte de contar co profesor de Electricidade e electrónica e experto en IA, Tino Fernández Cueto.
O alumnado de FP Básica dos ciclos de Automoción e de Peiteado e estética tiveron un taller no que Tino Fernández fixo unha introdución á IA para alumnos novos dándolles pautas claras para empregar esta ferramenta no ámbito escolar e/ou persoal:
- Ler e comprender textos.
- Redactar instrucións claras.
- Resumir e sintetizar
- Ser crítico coa información.
- Responsabilidade e ética no emprego da IA.
Esperamos poder repetir a experiencia en vindeiras ocasións.






