O pasado 4 de xuño, dous equipos de alumnado de primeiro curso do ciclo de Proxectos de Edificación do CIFP Someso participaron na final do Reto Gestán, acompañados polo CIFP de Cantería de Galicia, nunha xornada celebrada no CGIFP Eduardo Barreiros, convertido por un día nun escaparate de innovación, talento e emprendemento.
O desenlace do reto coñecerase o vindeiro 12 de xuño, nun acto que terá lugar na Laboral de Culleredo, onde se anunciará o equipo gañador desta edición.
Desde o CIFP Someso queremos felicitar aos nosos equipos polo excelente traballo realizado e desexarlles moita sorte na resolución final do reto.💪🏽💪🏽


