O pasado 5 de xuño, con motivo da celebración do Día Internacional do Medio Ambiente, levamos a cabo unha actividade de sensibilización e compromiso coa sustentabilidade mediante a plantación de dúas árbores autóctonas no xardín do CIFP Someso.

Grazas a esta iniciativa, o noso xardín conta agora con dous novos exemplares: unha faia e un freixo, que contribuirán a enriquecer e embelecer este espazo verde do centro.

Na actividade participou activamente o alumnado de 1º curso de FP Básica de Mantemento de Vehículos, que colaborou nos traballos de plantación , demostrando o seu compromiso co respecto e a conservación do medio natural.