O equipo da Biblioteca pecha o curso cun taller de iniciación á encadernación

O pasado 16 de xuño, a Biblioteca do CIFP Someso acolleu un interesante Taller de iniciación á encadernación, unha actividade coa que o equipo da Biblioteca puxo o broche final ás actividades desenvolvidas durante este curso académico.

O obradoiro foi impartido por Rosa María Martínez Suárez, especialista en encadernación e formadora con ampla experiencia na realización de talleres desta disciplina en Galicia.

A actividade resultou moi enriquecedora e permitiunos achegarnos ás técnicas básicas da encadernación artesanal, descubrindo o valor deste oficio e a súa relación co mundo dos libros e das bibliotecas.

A experiencia foi moi positiva e gratificante para todas as persoas participantes, polo que temos a intención de seguir afondando neste ámbito e promover novas actividades relacionadas con esta disciplina nos vindeiros cursos.