Celebración do Día das Escritoras na Biblioteca: Homenaxe a Marjane Satrapi
Co motivo do Día das Escritoras, dende a biblioteca do noso centro queremos render homenaxe á célebre autora e novelista gráfica Marjane Satrapi, coñecida internacionalmente pola súa emblemática obra Persépolis.
Para achegar a súa figura e o poder da linguaxe visual ao noso alumnado de FP, organizamos un obradoiro de cómic estilo Satrapi no que alumnado de FP básica e Ciclo medio puideron contar unha historia en catro viñetas nun taller impartido pola profesora e ilustradora Nanda Cabaleiro, do Departamento de Madeira.
A actividade foi un éxito de participación e creatividade , todos os traballos realizados polo alumnado durante o obradoiro van estar expostos no ástrago do noso centro para que poidamos gozar do talento do noso alumnado e das súas historias contadas en formato cómic.
Gañadores:
- 1ª Premio: Sidney, Blanca e Lara. CB 2ºB Peiteado.
- 2º Premio: Érika e Karem. CM PECOCA 2ºA
- O resto dos participantes tamén tiveron un pequeno obsequio. CB Auto, Fabricación e montaxe, CS Madeira, CB Madeira.
Grazas e noraboa a todos os participantes no Taller de cómic estilo Satrapi.
Temos na biblioteca as obras en cómic publicadas de Marjane Satrapi, podedes vir botarlles unha ollada cando queirades.












