Xa está aberto o formulario para que poidades inscribirvos nas probas de certificación Oxford que se celebran este curso académico no noso centro. O prazo de inscrición será do 04 ao 06 de outubro.
Estas probas son de carácter voluntario e única e exclusivamente para alumnado matriculado no CIFP Someso nos segundos cursos de ciclos plurilingües. Se quedan vacantes poderían ter acceso tamén o alumnado pertencente ao 2º curso de seccións bilingües.
Se queres certificar o teu nivel de inglés anímate!

