Hai historias que nos fan especial ilusión, e a de Manuel Prada é unha delas. Con só 19 anos, a súa paixón pola mecánica e a súa aposta pola FP leváronono a conseguir o ouro en SpainSkills 2026 e a representar a España no Mundial de Shanghai.

Desde o CIFP Someso

estamos orgullosos de formar parte da súa preparación e de acompañalo nunha experiencia que, sen dúbida, suma aprendizaxe, crecemento e novos retos.

Parabéns polo camiño percorrido, Manuel! 🚛🏅