Celebramos o Día das Bibliotecas xogando!

Con motivo do Día das Bibliotecas, a biblioteca do noso instituto énchese de diversión cunha xornada moi especial: a presentación dos novos xogos de mesa que acabamos de incorporar á nosa colección.

Contaremos coa visita dunha libraría especializada en banda deseñada Dokka Cómics, que nos presentará os xogos, explicará como se xoga e nos animará a descubrir novas aventuras arredor dunha mesa.

Porque a biblioteca é moito máis ca libros: é tamén un espazo para compartir, descubrir e xogar.