Concurso de fotografía «Cor de outono» 2026 🍂
A Coordinación de Dinamización da Lingua e a Biblioteca do CIFP Someso convocan unha nova edición do concurso de fotografía «Cor de outono», aberto a toda a comunidade educativa.
- Tema: o outono en todas as súas formas.
- Participantes: alumnado, profesorado e PAS.
- Como participar? Envía unha única fotografía orixinal en formato JPG/JPEG (entre 2 e 10 MB) a bibliosomeso@gmail.com, indicando o título, nome e apelidos, curso ou departamento, e lugar e data aproximada da toma da fotografía.
- Prazo: do 26 de outubro ao 20 de novembro de 2026.
- Premios: lotes de material tecnolóxico de 70 € e 50 € para o alumnado, e de 70 € para profesorado e PAS.
Anímate a participar e captura a maxia do outono coa túa mirada!
Consulta as bases do concurso na seguinte ligazón: Bases Concurso Fotografía


