2026-10-23T00:00:00+02:00
Cargando Eventos
Este evento pasou.
O pasado 25 de Novembro de 2018 con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Centro Integrado de Formación Profesional Someso levou a cabo, nas súas instalacións, unha actividade co ánimo de dar visibilidade a situacións cotiáns do control entre a mocidade, que son a base na escalada cara á violencia de xénero, na que participou o alumnado e profesorado do Centro. Nesta actividade vendéronse unhas camisetas co lema
“Controla que non te controlen”.

O vindeiro xoves 7 de Marzo as 13:00 hs, no Salón do Aulario do CIFP Someso terá lugar un acto para facer a entrega da doazón de 700€, importe recadado pola venda das camisetas, á “Fundación Mujeres”.

Todo o alumando e profesorado que desxen participar coas suas camisetas no acto de entrega, poderan sair o Aulario de 13 hs a 13.15 hs., onde faremos todos xuntos unha foto do grupo.

O recadado coa venda de camisetas será doado a “Fundación Mujeres”, organización non gobernamental sen ánimo de lucro que ten por finalidade contribuír á mellora da situación social e á calidade de vida das mulleres así como ao desenvolvemento do principio e as políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nos diferentes ámbitos social, político e económico.

Un saúdo.

CIFP Someso

Enderezo: Someso 6, 15008 A Coruña

Teléfono: 881 880 001

 

CORREOS ELECTRÓNICOS: cifp.someso@edu.xunta.gal

Dirección: direccion.cifp.someso@edu.xunta.gal

Secretaría:

secretaria.cifp.someso@edu.xunta.gal

Xefatura de estudos:

xefatura.estudos.cifp.someso@edu.xunta.gal

Vicedirección:

vicedireccion.cifp.someso@edu.xunta.gal

HORARIOS

Horarios do centro:

De 8,15 a 21,45 h

Horario lectivo:

De 8,30 a 21,45 h

 

Go to Top