Cargando Eventos
Este evento pasou.

Bo día,

Por mor da conmemoración do día 8 de marzo Día Internacional da Muller, levarase a cabo unha andaina desde o centro ao Castro de Elviña o día 9 de marzo (mércores)

No Castro está concertada unha visita para as primeiras 50 persoas en chegar. A visita terá unha duración de 1 hora e media. As persoas que non cheguen entre as 50 primeiras volverán ao centro co profesorado para asistir ás clases das 13:00 horas, tras unha merenda (que terán que levar da casa) polos arredores.

Todos sairemos as 10:30 da mañá e o alumnado que vaia á visita volverá ao centro sobre as 14:00 horas.

As familias dos nosos estudantes están invitadas a participar na andaina e pregamos a máxima difusión.

A participación será obrigada para o alumnado de FP Básica e voluntaria para o resto. As clases dos CM e CS non serán suspendidas.

Saúdos.