
Doazón do importe recadado pola venda das camisetas á “Fundación Mujeres”.
7 Marzo, 2019
“Controla que non te controlen”.
O vindeiro xoves 7 de Marzo as 13:00 hs, no Salón do Aulario do CIFP Someso terá lugar un acto para facer a entrega da doazón de 700€, importe recadado pola venda das camisetas, á “Fundación Mujeres”.
Todo o alumando e profesorado que desxen participar coas suas camisetas no acto de entrega, poderan sair o Aulario de 13 hs a 13.15 hs., onde faremos todos xuntos unha foto do grupo.
O recadado coa venda de camisetas será doado a “Fundación Mujeres”, organización non gobernamental sen ánimo de lucro que ten por finalidade contribuír á mellora da situación social e á calidade de vida das mulleres así como ao desenvolvemento do principio e as políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nos diferentes ámbitos social, político e económico.

