Este tipo de proxectos son os máis interesantes pois teñen asociada unha financiación para levar a cabo as actividades previstas no proxecto. Porén, son proxectos esixentes durante o seu desenvolvemento pois esixen dun grupo de traballo implicado ó longo do ciclo de vida do proxecto.

As ideas son dúas: coller exemplos de boas prácticas dalgún dos socios e logo implementalos na realidade cotiá do resto dos colaboradores implicados, ou ben, desenvolver un produto de carácter innovador no que participen cada un dos membros do proxecto desenvolvendo unhas actividades dadas.

Nestes proxectos debe haber un mínimo de socios pertencentes a algún dos países membros da UE ou que están habilitados a participar no programa.

Estes proxectos son difíciles de conseguir pois hai moita competencia e só as solicitudes ben fundadas conseguen fondos.

O proceso para a realizar unha solictude neste senso comeza pola procura dunha idea que encaixe nos obxectivos do programa Erasmus+ para asociacións estratéxicas, para logo formar un grupo de traballo, buscar socios internacionais e solicitar o visto bo da dirección do centro.

A coordinación de programas internacionais dará soporte a todas as tarefas asociadas.