Un proxecto KA2 supón un traballo continuado ó longo de, polo menos, 2 anos onde haberá que levar a cabo tarefas e actividades plantexadas na solicitude do proxecto, así como o labor administrativo e xestión económica do mesmo.

Existen 2 roles diversos: coordinador ou colaborador. O coordinador ten a responsabilidade final sobre o todo o proxecto, tamén a económica. No caso de non executarse as tarefas ou actividades de xeito satisfactorio, isto pode supoñer reducións nas asignacións económicas ao proxecto e, por tanto, a todas as entidades socias.

Dependendo do enfoque do proxecto, este pode estar xestionado e executado, por exemplo, só por profesorado, ou ben, por profesorado e alumnado.

Así mesmo, durante a duración do proxecto, pode haber mobilidades de traballo ás institucións socias.