Project Description
PRESENTACIÓN
A biblioteca é un lugar de estudio, lectura e traballo onde se deberán manter as normas de comportamento axeitadas. O mobiliario non se pode mover, débese respectar a distribución establecida. Recorda empregar as papeleiras e cumprir as normas de limpeza axeitadas.
Neste espazo tes ordenadores que podes usar para facer os teus traballos, teñen instalados moitos dos programas que se empregan nas clases. Se detectas que tes algunha necesidade de traballar con un programa que non está instalado coméntallo ao xefe de estudos que fará todo o posible por poñer a túa disposición as ferramentas que precisas.
ISABEL CAAMAÑO MALDONADO
COORDINADORA DA BIBLIOTECA
+34 881 880 001
biblioteca.cifp.someso@edu.xunta.gal
NOVAS
Entroido 2026
Escolma de fotografías da festa de Entroido 2026 celebrado no CIFP Someso. Noraboa a todos os gañadores e participantes na festa de Entroido.
Concurso de postres Entroido 2026 para PROFES e PAS
🎭 CONCURSO DE SOBREMESAS DE ENTROIDO 🍩🎉 Con motivo do Entroido, celebramos un concurso de sobremesas dirixido ao profesorado e ao persoal non docente do CIFP Someso 👩🏫👨💼 🧁 Importante: As sobremesas non teñen por [...]
Concurso de disfraces CIFP Someso
“Se non vés disfrazado o venres 13 de febreiro … ese día vés mal” Bases do concurso: 🙋♀️🙋♂️ QUEN PODE PARTICIPAR 🎓 Só alumnado inscrito Modalidades: ✨ Individual ✨ Colectiva ☀️ Turno de mañá | [...]
Buzón de cartas “Da Candeloria ata San Valentín”
💌 BUZÓN DE CARTAS 💌 ✨ DENDE A CANDELORIA ATA SAN VALENTÍN ✨ 📜 “A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa” 🕊️💘 “Por San Valentín, o amor non ten fin” 💘 Escribe unha carta [...]
Gañadores do Concurso de adornos do Nadal sostibles
Xa temos gañadores do I Concurso de adornos de Nadal sostibles!! Noraboa a tod@s os participantes e gañadores do concurso 2025. 1º Premio: Vanessa Morandeira (CM Electromecánica 2º curso) 2º Premio: Luis, Jhony, Martin e [...]
Bo Nadal 2025!!!!
Desde a biblioteca e a Coordinación de dinamización da lingua queremos agradecervos cada historia compartida, cada momento de lectura e cada sorriso entre libros. Que este Nadal sexa un capítulo cheo de paz, alegría e [...]














