Project Description

PRESENTACIÓN

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos. Preténdese potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e/ou outras entidades, buscando a calidade e a excelencia na Formación Profesional, e o fomento do emprendemento.

Neste sentido, a “Estratexia Europa 2020”, proposta pola Comisión Europea, incorpora como un dos seus obxectivos o impulso dunha Formación Profesional que propicie novas experiencias no campo da innovación, da calidade, da creatividade e do emprendemento.

A lexislación vixente establece como fin da educación o fomento e a promoción da investigación, a experimentación e a innovación educativa.

A innovación na Formación Profesional e o fomento da relación entre os centros educativos e as empresas permitirá a transformación do coñecemento e da creatividade en produtos e servizos que se integren no mercado, incrementando a competitividade das nosas empresas.

Marisa Ferreres Gayoso
COORDINADORA DE FORMACIÓN E INNOVACIÓN

formacion.cifp.someso@edu.xunta.gal

CONVOCATORIAS

Innovatech
FPinnova
Plan Proxecta
Formación Profesorado

Espazos de tecnoloxía aplicada no centro

PROXECTOS

Proxecto de innovación

Creando un patio inclusivo

Convocatoria: 2024

Ler máis…

Proxecto de innovación

Adestrador de procedemento cirúrxico con aditiva

Convocatoria: 2024

Ler máis…

Proxecto de innovación

Enxeñaría inversa 4.0

Convocatoria: 2022

Ler máis…

Proxecto Nacional

Innovación metodolóxica para a adquisición de competencias profesionais na soldadura robotizada

Período: 2021-2022

Ler máis…

NOVAS

  • woman lying with prone position

Nova aula tecnolóxica de imaxe persoal

Actualmente dispoñemos de tecnoloxía punteira para a formacion do noso alumnado de Estética Integral e do Benestar. Esto foi posible grazas ao Programa “Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionales en espazos [...]

Resumen Innova 2016

Aquí poderedes ver o video resumen do Innova 2016, o Congreso de Innovación na Formación Profesional.