Novas
Nova aula tecnolóxica de imaxe persoal
Ana Arias2024-03-18T19:56:58+01:0018 Marzo 2024|
Últimas prazas cursos AFD 2024
Ana Arias2024-03-18T20:09:14+01:0017 Marzo 2024|
Suxestións, queixas e reclamacións
Suxestións e queixas
Coa intención de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con respecto ao cumprimento dos requisitos por parte do CIFP Someso poñemos á súa disposición as seguintes fontes de información:
– SUXESTIÓN: idea que se lle aporta á dirección do CIFP Someso con ánimo construtivo para a súa mellora.
– QUEIXA: mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a dirección do CIFP Someso non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (sistema de xestión de calidade) ou legais.
Para presentar as súas suxestións ou queixas pode facelo a través deste formulario on line.
A súa opinión é importante.
Grazas por axudarnos a mellorar!
Reclamacións
– RECLAMACIÓN: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a Dirección do CIFP Someso ten contraídos compromisos polo SXC ou legais e non foron cumpridos.
As Reclamacións xestionaranse segundo a Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
Para formular unha reclamación, non existe un formato xeral. Debe rexistrar a entrada do documento xerado nas oficinas do noso Centro.
Se viches ou sufriches algunha conducta que vaia contra os principios de convivencia, inclusión ou igualdade no centro, podes denuncialo cumplimentando este formulario on line.
A túa axuda é importante.
Grazas por axudarnos a mellorar!