Interésache
Boas festas e feliz aninovo!!
Ana Arias2024-12-20T23:38:21+01:0020 Decembro 2024|
Que idea Someso! Premiados
Ana Arias2024-12-23T14:03:33+01:0018 Decembro 2024|
VIII Charla Rehabilitación en Madeira
Ana Arias2025-01-09T13:49:07+01:0011 Decembro 2024|
Novas ofertas de traballo
Ana Arias2024-12-12T09:33:59+01:0011 Decembro 2024|
Que está pasando?
Suxestións, queixas e reclamacións
Suxestións e queixas
Coa intención de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con respecto ao cumprimento dos requisitos por parte do CIFP Someso poñemos á súa disposición as seguintes fontes de información:
– SUXESTIÓN: idea que se lle aporta á dirección do CIFP Someso con ánimo construtivo para a súa mellora.
– QUEIXA: mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a dirección do CIFP Someso non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (sistema de xestión de calidade) ou legais.
Para presentar as súas suxestións ou queixas pode facelo a través deste formulario on line.
A súa opinión é importante.
Grazas por axudarnos a mellorar!
Reclamacións
– RECLAMACIÓN: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a Dirección do CIFP Someso ten contraídos compromisos polo SXC ou legais e non foron cumpridos.
As Reclamacións xestionaranse segundo a Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
Para formular unha reclamación, non existe un formato xeral. Debe rexistrar a entrada do documento xerado nas oficinas do noso Centro.
Se viches ou sufriches algunha conducta que vaia contra os principios de convivencia, inclusión ou igualdade no centro, podes denuncialo cumplimentando este formulario on line.
A túa axuda é importante.
Grazas por axudarnos a mellorar!


