Project Description

PRESENTACIÓN

A biblioteca é un lugar de estudio, lectura e traballo onde se deberán manter as normas de comportamento axeitadas. O mobiliario non se pode mover, débese respectar a distribución establecida. Recorda empregar as papeleiras e cumprir as normas de limpeza axeitadas.

Neste espazo tes ordenadores que podes usar para facer os teus traballos, teñen instalados moitos dos programas que se empregan nas clases. Se detectas que tes algunha necesidade de traballar con un programa que non está instalado coméntallo ao xefe de estudos que fará todo o posible por poñer a túa disposición as ferramentas que precisas.

ISABEL CAAMAÑO MALDONADO
COORDINADORA DA BIBLIOTECA

+34 881 880 001
biblioteca.cifp.someso@edu.xunta.gal

Repositorio

NOVAS

Taller de Técnicas de estudo

"Taller de técnicas de estudo" A Coordinación de Biblioteca organiza o "Taller de técnicas de estudo" para o 1º curso de Ciclos medios e Ciclos superiores. O Taller de técnicas de estudo será impartido por [...]

Festival de outono, Magosto.

🎉 Celebramos o Magosto! 🌰O vindeiro xoves 6 de novembro de 14:00 a 16:30, o noso centro encherase de festa, tradición e bo sabor coa celebración do Magosto. Disfrutaremos das castañas asadas, música e momentos [...]

Día das escritoras

"Día das escritoras" no CIFP Someso. Cal é a túa escritora favorita? Esperamos a tua participación!!! O lúns día 20 de outubro celebramos o "Día das escritoras": Escolle unha cita dunha escritora, escribe o seu [...]

23 de abril día do libro

En bibliosomeso celebramos o día do libro cun stand cheo de libros recomendados. Sabes por qué o 23 de abril é o día do libro? Preme no enlace e o descubrirás. Día do libro [...]

GALERÍA