Project Description
PRESENTACIÓN
A biblioteca é un lugar de estudio, lectura e traballo onde se deberán manter as normas de comportamento axeitadas. O mobiliario non se pode mover, débese respectar a distribución establecida. Recorda empregar as papeleiras e cumprir as normas de limpeza axeitadas.
Neste espazo tes ordenadores que podes usar para facer os teus traballos, teñen instalados moitos dos programas que se empregan nas clases. Se detectas que tes algunha necesidade de traballar con un programa que non está instalado coméntallo ao xefe de estudos que fará todo o posible por poñer a túa disposición as ferramentas que precisas.
ISABEL CAAMAÑO MALDONADO
COORDINADORA DA BIBLIOTECA
+34 881 880 001
biblioteca.cifp.someso@edu.xunta.gal
NOVAS
A nosa sobreira
Para celebrar o día dos bosques, prantamos unha sobreira no patio. Esta é a nosa pequena contribución contra a deforestación.
Día dos bosques
Hoxe 21 de marzo é o día dos bosques e para celebralo, dende a biblioteca organizamos a plantación dunha sombreira o próximo luns ás 11:30 no patio. Esperamos a vosa asistencia.
Photocall 8M con Sofía Casanova
Grazas a todas as persoas que participástedes e enviastes as fotos co Sofía Casanova.
8M-Día da muller: Sofía Casanova
Este ano adicamos o día da muller á primeira corresponsal de guerra que fora nominada ao Premio Nobel de Literatura: Sofía Casanova.
Antifaces de entroido
O xoves de entroido desfrutamos dun obradoiro de antifaces nos recreos da mañá e da tarde. Esta actividade organizada pola biblioteca, completouse coa desgustación de rosquillas.
Charla sobre a reciclaxe de residuos industriais.
O pasado luns 24 de febreiro en quenda de mañá e o martes 25 en quenda de tarde, Demian Castro, da empresa PMA, impartíu unhas charlas sobre a reciclaxe dos refugallos insdustriais ao alumnado e [...]



















