Interésache
Bolsas de estudos 2023-24
Ana Arias2024-05-11T20:56:07+02:0024 Marzo 2023|
Horario de entroido 2023
Ana Arias2024-05-11T21:02:52+02:0016 Febreiro 2023|
Cursos AFD 2023
Ana Arias2023-04-14T15:55:08+02:0003 Febreiro 2023|
Milagros Rey e o CIFP Someso
Ana Arias2023-01-17T13:51:46+01:0016 Xaneiro 2023|
Que está pasando?
Suxestións, queixas e reclamacións
Suxestións e queixas
Coa intención de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con respecto ao cumprimento dos requisitos por parte do CIFP Someso poñemos á súa disposición as seguintes fontes de información:
– SUXESTIÓN: idea que se lle aporta á dirección do CIFP Someso con ánimo construtivo para a súa mellora.
– QUEIXA: mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a dirección do CIFP Someso non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (sistema de xestión de calidade) ou legais.
Para presentar as súas suxestións ou queixas pode facelo a través deste formulario on line.
A súa opinión é importante.
Grazas por axudarnos a mellorar!
Reclamacións
– RECLAMACIÓN: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a Dirección do CIFP Someso ten contraídos compromisos polo SXC ou legais e non foron cumpridos.
As Reclamacións xestionaranse segundo a Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
Para formular unha reclamación, non existe un formato xeral. Debe rexistrar a entrada do documento xerado nas oficinas do noso Centro.
Se viches ou sufriches algunha conducta que vaia contra os principios de convivencia, inclusión ou igualdade no centro, podes denuncialo cumplimentando este formulario on line.
A túa axuda é importante.
Grazas por axudarnos a mellorar!


