Project Description

PRESENTACIÓN

Dende o departamento de emprendemento organízanse actividades relacionadas co autoemprego e posta en marcha de proxectos empresariais por conta propia, informando o alumnado de todas as ferramentas que poden dispoñer para levar a cabo as súa idea de negocio, así como, ensinando competencias e motivando para potenciar o esprito emprendor.

Dentro desas ferramentas atopase o viveiro de empresas, onde se pode empezar a xestar o proxecto empresarial, así como, contar co asesoramento necesario para darse de alta como actividade empresarial, e por último ter acceso a unhas instalacións – oficinas co equipamento adecuado – durante dous anos e totalmente gratuítas para empezar a funcionar como empresa.

INSTALACIÓNS

O programa Aulas de emprendemento na formación profesional ten como obxectivo a creación de aulas de emprendemento nos centros educativos públicos que impartan ensinanzas de formación profesional co obxectivo de canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado, en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos. 

Deste xeito, preténdese facilitar a súa inserción e desenvolvemento no mercado laboral, tamén como traballadores por conta propia. 

NOA GONZÁLEZ PATIÑO
COORDINADORA DE EMPRENDEMENTO E
RESPONSABLE DO VIVEIRO DE EMPRESAS

+34 881 880 001
noagonzalez@edu.xunta.gal

BLOG
Rede Galega
Eduemprende

PROGRAMAS

OBXECTIVO

Contactar coa realidade do emprendemento na sociedade actual, a través de encontros informais con empresarios das distintas familias profesionais do centro, para coñecer de primeira man a súa carreira como empresarios. 

Ler máis…
VIVEIRO DE EMPRESAS

O vieiro é un lugar onde atoparás inspiración para crear o teu propio posto de traballo a través do traballo por conta propia, con asesoramento, axuda técnica e poñendo a túa disposición a instalacións para poder utilizalas como sede da túa empresa.

Ler máis…

OBXECTIVO

QÚE IDEA, SOMESO! é un concurso de ideas de negocio para dar a oportunidade ao noso alumnado emprendedor de dar un paso adiante coas súas ideas, dándoas a coñecer. 

Ler máis…

NOVAS

 .

EFI Conter

EFI Conter é una cooperativa galega de traballo asociado xuvenil dedicada a restauración de contedores marítimos para la convertelos en construcións modulares tanto temporais como permanentes. O noso obxectivo é darlles unha nova vida aos [...]

Sukha

SUKHA é unha cooperativa galega de traballo asociado que ofrece ademais dun servizo de estética outros servizos innovadores xa que conxugamos os coidados persoais co pracer de poder degustar un batido ata a posibilidade de [...]

  • white and black building during daytime

Rehousso

REHOUSSO dedicase á construción de vivendas modulares prefabricadas con materiais reciclados. Contamos cun catalogo de vivendas pre-deseñadas, tamén estudamos e deseñamos a medida e por ultimo ofrecemos as posibilidades de reformas. As actividades principais a [...]

Eco Salón

No salón ofrecemos diversos servizos de estética con tratamentos ecolóxicos, así como unha gama de produtos eco- para o coidado da saúde e benestar dos nosos clientes. Servizos e produtos que formarán o noso abano: [...]

Energy Lar

A nosa principal actividade céntrase na construción de vivendas autosuficientes. Levamos a cabo a totalidade das etapas do proceso construtivo, dende estudos sobre o terreo que contemplen a aplicabilidade das nosas construcións e sistemas ata [...]

BIOCONSPA

BIOCONSPA é unha cooperativa de traballo asociado dedicada a bioconstrución de edificios, empregando un material ancestral pero pouco usado na actualidade: levantar casas con balas de palla. Englobamos a totalidade das etapas do proceso construtivo [...]